Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Baby Rock English Summer Camp comeza o luns no colexio Conmeniño con 52 participantes

Fecha: 2011-07-01

O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, inaugura o vindeiro luns a nova edición do Baby Rock English Summer Camp, no que paticiparán 52 rapazas e rapaces divididos en tres quendas durante todo o verán. A Concellería de Educación conta para esta actividade coa colaboración da Asociación de Nais e Pais do colexio Conmeniño, centro no que se desenvolverá o campamento. 

Non se trata de facer deberes e estudar, senón que o obxectivo é que a xente nova fale e acostume o oído ao inglés dun xeito lúdico e divertido. A primeira quenda do campamento comeza este luns e prolóngase durante tres semanas. Conta coa participación de 22 rapaces e rapazas. A segunda, iniciarase o 26 de xullo, con 32. E a terceira, o 16 de agosto, contará con 24 participantes. Son moitas as persoas que están inscritas en dúas ou tres quendas, xa que ademais de aprender e practicar inglés dun xeito divertido, este campamento de verán tamén servirá para que as nais e os pais poidan conciliar os seus horarios laborais coas vacacións dos seus fillos. 

As actividades diarias dividiranse en catro bloques. Dúas serán de charla e de comunicación, unha de multideporte e outra de xogos ao aire libre. En todas se falará en inglés. O campamento desenvólvese de 9.30 a 14.00 horas.