A Asociación Anduriña de Persoas con Discapacidade do Salnés organiza un mercado benéfico
Fecha: 2011-07-13
A Asociación Anduriña do Grove de persoas con discapacidade do Salnés, coa colaboración da Concellería de Benestar e Igualdade do Concello do Grove, desenvolverá entre os días 12 de xullo e 5 de agosto, na Praza de Arriba (no antigo local da farmacia), o seu primeiro mercado benéfico coa finalidade de promover o achegamento ao maior número de persoas e recadar fondos para desenvolver distintas actividades para o colectivo de persoas con diferentes discapacidades.
A Asociación Anduriña e o Concello do Grove convidan os establecementos, os veciños e visitantes a achegárense a este pequeno mercado para colaborar doando obxectos ou para adquirir os expostos ao público.
A inauguración do Mercado Benéfico terá lugar hoxe, 13 de xullo, ás 13.00 h, e o seu horario a partir de entón será de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 21.00 h.