Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Bases da I Bienal do Simposio de Escultura ao Aire Libre do Grove

Fecha: 2011-07-15

O Concello do Grove publica as bases deste concurso artístico que se inscribe dentro da celebración da Festa do Marisco 2011.

O certame escultórico, de carácter internacional, desenvolverase entre o 22 de setembro e o 12 de outubro do ano que andamos.

Serán tres participantes, a quen se lles pagarán os gastos da viaxe, estancia e manutención. Os  premios para repartir suman a cantidade de 4.200 euros.

O prazo para presentar as propostas remata o vindeiro 26 de agosto ás 14.00 h.

Bases do simposio de escultura

Ficha de inscrición