Anuncio de cobramento: taxa de auga e lixo
Fecha: 2011-07-15
Comunícaselles a todos/as os/as contribuíntes deste termo municipal, que a partir de hoxe, día 15 de xullo, comezarase a cobrar, en período voluntario, a taxa pola recollida do lixo, subministración de auga e canon de saneamento da Xunta correspondente ao 1.º semestre do exercicio 2011, de acordo co seguinte calendario:
Inicio do cobramento: 15 de xullo
Remate cobramento: 15 de setembro
Lugar: oficinas de recadación da Casa do Concello
Horario: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h
Fóra destes prazos, esixirase o cobramento pola vía executiva, co recargo de constrinximento correspondente e os custos do procedemento.