Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Curso para obter a Tarxeta Profesional da Construción

Fecha: 2011-07-15

A Fundación Laboral da Construción, en colaboración co Concello do Grove, organiza unha acción formativa a través da súa Aula Permanente.  

O curso está dirixido a traballadores/a desempregados/as ou activos/as do sector da construción e ten por obxectivo acadar a Tarxeta Profesional da Construción. 

O curso, sen custo ningún para as persoas participantes, levarse a cabo o día 28 de xullo e terá unha duración de 8 horas. Prazas limitadas. 

As persoas interesadas poden dirixirse e inscribirse no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul), na rúa Castelao, 173, no teléfono 986 730 609, ou a través da Fundación Laboral da Construción.