Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Éxito de convocatoria no curso para obter a Tarxeta Profesional da Construción

Fecha: 2011-07-28

 A Concellería de Economía, Facenda e Persoal do Concello do Grove, dirixida por Juan Luis Callón, anuncia o éxito na convocatoria da acción formativa organizada en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

O curso, dirixido a traballadores desempregados ou activos do sector da construción, ten o obxectivo de acadar a Tarxeta Profesional da Construción.

Ante o elevado número de participantes (24 en total) realizouse un cambio de lugar para a súa realización, e será impartido no Obradoiro de Emprego situado no Monte das Flores.

O curso comezou hoxe ás 09.00 horas e terá a súa clausura ás 18.30h.