Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Los Tres Soles del Paraguay e o Dúo Colores inauguran o ciclo de Xoves Musicais

Fecha: 2011-08-02

A programación cultural do verán regresa ao Grove, a partir desta semana, da man do concelleiro Carlos Otero co fin de amenizar as noites grovenses.

Los Tres Soles del Paraguay e o Dúo Colores serán os encargados de inaugurar o ciclo de Xoves Musicais, organizado pola Concellería de Cultura. Estas actuacións terán lugar o xoves 4 de agosto no palco situado diante da Casa do Concello. Comezarán ás 21.00 horas e prolongaranse ata aproximadamente a medianoite. En caso de choiva, a actuación trasladarase á Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

 

XOVES MUSICAIS

Xoves 4 de agosto

Los tres Soles del Paraguay e Dúo Colores

Hora: a partir das 21.00 h

Lugar: praza do Corgo (palco diante da Casa do Concello)

 

Xoves 11 de agosto

Trío Sálvora

Hora: a partir das 22.00 h

Lugar: praza de Cándido Acuña (en fronte do edificio administrativo do Concello)

 

Xoves 18 de agosto

Cuarteto Anthonys e Dúo Latino

Hora: a partir das 21.00 h

Lugar: praza do Corgo (palco diante da Casa do Concello)

 

Xoves 25 de agosto

Dúo La Noche

Hora: a partir das 22.00 h

Lugar: rúa Pratería