Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Publicada no BOP a listaxe de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a praza de técnico/a de deportes

Fecha: 2011-08-04

Segundo a resolución da Alcaldía publicada, as persoas interesadas teñen un prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, para corrixiren os posibles defectos, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria. Finalizado este prazo, acordarase a aprobación definitiva de admitidos/as, que se fará pública no taboleiro de anuncios do Concello e no BOP, así como a designación do tribunal cualificador e da hora de comezo do primeiro exercicio.

Consulte no seguinte enlace o texto íntegro da resolución publicada hoxe no BOP:

Listaxe de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a praza de técnico/a de deportes