Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Comercio e Mercados advirte de que continúan as fraudes nas revisións do gas

Fecha: 2011-08-04

 

A Concellería de Comercio e Mercados, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, continúa advertindo sobre as fraudes que se seguen a detectar na vila no tocante ás revisións do gas por parte dunha empresa que se presenta nas vivendas sen ser solicitada previamente. Recoméndaselle a toda a cidadanía que non autorice ningunha persoa a acceder á súa vivenda para facer a dita inspección se non se lle solicitou previamente á súa empresa instaladora autorizada.

Así mesmo, todas as persoas que teñan dúbidas ou aquelas ás que xa lles realizaron esta inspección, pódense dirixir á Oficina Municipal de Información ao Consumidor, onde serán informadas máis detalladamente ou lles cursarán a correspondente reclamación para a empresa que lle realizou a inspección.