Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A actuación de Los Tres Soles del Paraguay e do Dúo Colores trasládase ao martes 9 de agosto

Fecha: 2011-08-05

A actuación de Los Tres Soles del Paraguay e o Dúo Colores non se puido realizar onte por mor do mal tempo, e decidiuse aprazala ata o vindeiro martes.

Deste xeito, a mencionada actuación terá lugar o próximo martes 9 de agosto no palco situado diante da Casa do Concello. Comezará ás 21.00 h e prolongarase ata media noite.

O xoves desa mesma semana, 11 de agosto, ofreceremos a actuación do Trío Sálvora na Praza de Cándido Acuña, ás 22.00 h.