Éxito de público na actuación de onte de Los Tres Soles del Paraguay e do Dúo Colores
Fecha: 2011-08-10
Esta actuación, organizada pola Concellería de Cultura e programada inicialmente para o xoves 4 de agosto, adiouse para a noite de onte por mor do mal tempo que padecemos a semana pasada.
Desta volta a climatoloxía axudou, e o numeroso público que acudiu á praza do Corgo puido gozar dunha agradable velada musical que se prolongou ata pouco despois da media noite.
Mañá terá lugar o segundo concerto incluído na programación dos Xoves Musicais, esta vez na praza de Cándido Acuña, onde actuará, a partir das 22.00 h, o Trío Sálvora.