A colaboración coa Deputación de Pontevedra posibilita diversas melloras no concello do Grove.
Fecha: 2011-08-10
Durante gran parte do mes de xullo e os primeiros días de agosto un equipo de obras da Deputación de Pontevedra e obreiros do concello do Grove levaron a cabo diversos traballos de mellora, reposición do firme e asfaltado de camiños, tanto na parroquia de San Vicente como na de San Martiño.
AS VALADAS (BALEA)
Desde a capela das Valadas e baixando á praia de Raeiros repúxose o firme desta pista en varios tramos, que estaban moi deteriorados.
CAMIÑO DOS CASTIÑEIROS (REBOREDO)
Na subida aos Castiñeiros desde Reboredo, limpouse e repúxose o firme desta pista que se atopaba tamén en moi malas condicións.
ESTONLLO
No lugar de Estonllo, completouse o asfaltado desde onde rematara a Consellería de Medio Rural ata empatar coa pista que vai ao monte da Zapateira.
Na última parte do trazado introduciuse ademais un tramo da rede de sumidoiros.
BAIXADA A SIRADELLA-A LANZADA
Nesta pista reparouse un tramo do trazado que estaba a supor un perigo para o tráfico do lugar.
COLEXIO VALLE-INCLÁN
Asfaltouse a entrada que dá aceso á zona infantil.
CAMIÑO DAS VELLAS
Saneouse e asfaltouse un camiño que aínda era de terra. Vai desde a estrada de Pontevedra (fronte ao Hotel Tourís) ata a pista de Paredes.
CAMPO DE FÚTBOL DAS LAMPÁNS
Dentro do recinto do campo de fútbol (parte traseira) vaise asfaltar unha superficie importante (quedara en terra) coa intención de sanear o perímetro do campo por unha parte e ao mesmo tempo no futuro poder converter ese espazo nunha pista polideportiva.
Todos estes lugares estaban necesitados dunha actuación destas características e, grazas á colaboración co organismo provincial, agora mesmo están arranxados.