Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Día Internacional da Xuventude

Fecha: 2011-08-11

O 12 de agosto foi declarado pola Asemblea das Nacións Unidas Día Internacional da Xuventude, mediante a Resolución 54/120 do ano 1999, e a Concellería de Xuventude do Concello do Grove quere celebrar este día instalando unha mesa informativa diante da Casa do Concello de 10.30 a 12.30 h. 

Esta mesa será instalada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e nela poderase pedir información sobre temas relacionados coa mocidade, coller folletos informativos sobre diferentes temas e tamén facer o carné xove. Informamos  que para facer este carné hai que ter de 12 a 30 anos e basta con cubrir unha solicitude, pagar as taxas (6 €) e presentar o DNI. 

Ademais, aqueles mozos e mozas que queiran facer algunha suxestión poden facer uso da caixa de correo que se instalará para este fin e, se o desexan, poden dirixirse directamente ao concelleiro deste departamento no horario que ten fixado para atender o público: luns e mércores, de 10.00 a 14.00 h. 

Recordamos que a OMIX está situada na Casa Azul e o seu horario é de luns a venres de 8.50 a 15.00 e os mércores tamén pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas 

Todas aquelas persoas que pasen pola mesa informativa serán obsequiados cun agasallo.