A exposición itinerante 'Barcos á Rúa' chega ao Grove
Fecha: 2011-08-11
As rúas do Grove encheranse, entre o 12 e o 31 de agosto, de barcos grazas á exposición itinerante “Barcos á Rúa”. Trátase dunha campaña posta en marcha polos comerciantes do Salnés para animar as rúas de cada localidade e aumentar o seu atractivo, ao mesmo tempo que se promociona o pequeno comercio do municipio.
Haberá dezaseis obras repartidas entre a Praza de Arriba, a praza do Corgo, a rúa Castelao, o monumento ao mariscador, a ponte da Toxa…
Os barcos están creados polo escultor Pablo Barreiro, e outros oito artistas colaboraron na súa decoración.