Celga 2 e Celga 4: resultados provisionais das probas de xuño de 2011
Fecha: 2011-08-16
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove informa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de publicar na súa páxina web os resultados provisionais das probas do Celga 2 e do Celga 4 realizadas o pasado mes de xuño.
As persoas interesadas poderán solicitar a revisión das súas probas por parte da Comisión Central de Avaliación mediante un escrito dirixido á SXPL ou na caixa de correo sxpl.probascelga@xunta.es.
O prazo para solicitar a revisión remata o día 21 de agosto para o Celga 4 e o día 22 do mesmo mes para o Celga 2.
Para máis información, poden dirixirse ao SNL municipal.