Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Preto de 120 rapaces e rapazas gozan do programa LecerConsumo

Fecha: 2011-08-18

Preto de 120 nenos e nenas gozaron dos talleres do programa LecerConsumo, que desenvolven conxuntamente o Concello do Grove e a Escola Galega de Consumo no IES Monte da Vila. Se a semana pasada foi a quenda dos nenos de 6 e 7 anos, hoxe os participantes tiñan entre 8 e 12 anos. Nos obradoiros tamén se encontraban os rapaces que acoden á Escola de Verán do Concello do Grove, e todos eles aproveitaron unha xornada de actividades que pretende achegarlle á xente miúda os valores do consumo responsable a través de xogos participativos e lúdicos. 

Os obradoiros, gratuítos, desenvolvéronse ao longo da mañá e contaron con dous grupos que traballaron os talleres “Imos crear o noso videoxogo” e “A nosa fábrica de xoguetes”. Para os máis pequenos, a semana pasada desenvolvéronse os obradoiros “Xogando en igualdade” e “O conto do consumo responsable”. 

As actividades ofertadas teñen un formato práctico –aprender facendo-, e están programadas de xeito eminentemente lúdico e adaptado ás idades dos e das participantes, para darlles resposta aos seus intereses e ás súas inquedanzas.