Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Celga 1 e Celga 3: resultados provisionais das probas de xuño de 2011

Fecha: 2011-08-19

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove informa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de publicar na súa páxina web os resultados provisionais das probas do Celga 1 e do Celga 3 realizadas o pasado mes de xuño.

As persoas interesadas poderán solicitar a revisión das súas probas por parte da Comisión Central de Avaliación mediante un escrito dirixido á SXPL ou na caixa de correo sxpl.probascelga@xunta.es.

O prazo para solicitar a revisión remata o día 29 de agosto para o Celga 1 e o día 28 do mesmo mes para o Celga 3.

Para máis información, poden dirixirse ao SNL municipal.