Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Reunión da Mesa Local de Comercio

Fecha: 2011-08-23

Onte pola mañá reuníronse os membros da Mesa Local de Comercio de xeito extraordinario con dous puntos para tratar na orde do día. En primeiro lugar, dar conta dos novos membros que a compoñen desde o cambio de goberno local, para o que xa había un acordo plenario e só quedaba pendente a asignación dun membro da oposición, o cal designaron esa mesma mañá mediante un escrito presentado no Rexistro municipal no que elixían o concelleiro Carlos Álvarez Besada.

O segundo punto que se tratou foi unha solicitude presentada por Emgrobes para celebrar a segunda feira de oportunidades Grovestock, ao que a mesa votou favorablemente por unanimidade. Agora, co devandito informe favorable, só queda que a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia a autorice.