Concurso de Camisetas Festa do Marisco
Fecha: 2011-08-24
O Concello do Grove convoca o Concurso de Camisetas da XLVIII edición da Festa do Marisco, segundo as seguintes
B A S E S:
1.ª) TEMA: Festa do Marisco do Grove.
2.ª) A organización do concurso reservarase o dereito a non admitir determinados deseños de camisetas, ben polo seu contido, por usar imaxes con copyright, por seren copia doutro deseño .
3.ª) XURADO: será nomeado polo Concello do Grove. A súa decisión será inapelable, aceptando os participantes as presentes bases polo feito de participaren. Daranse a coñecer os premiados durante o día 11 de outubro.
4.ª) PRAZO: do 26 de setembro ao 5 de outubro (os días laborais, na Alcaldía do Concello do Grove, de 9.00 a 14.00 horas). Todas aquelas persoas que desexen participar deberán presentar unha camiseta e a ficha de inscrición do grupo neste concurso.
5.ª) PREMIOS: outorgaranse 3 premios:
- un ás parellas: 50 euros
- un ós grupos menores de 10 membros: 100 euros
- grupos maiores de 10 membros: 150 euros
6.ª) O autor/es premiados cederanlle todos os dereitos de publicación, tanto da camiseta coma calquera outra forma de impresión, para programas e folletos ao Concello do Grove.