Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A biblioteca municipal do Grove amplía o seu horario para que o estudantado poida preparar os exames de setembro

Fecha: 2011-08-25

A biblioteca municipal do Concello do Grove ampliará durante tres semanas o seu horario con motivo dos exames de setembro. Deste xeito, a biblioteca permanecerá aberta ata o 16 de setembro en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. Isto suporá un total de 45 horas máis de servizo semanal que durante o verán, para darlles resposta ás necesidades do estudantado do municipio. Cabe recordar que durante os meses de verán a biblioteca estivo aberta de 9.00 a 15.00 horas.

O novo horario estará vixente desde o pasado luns ata o 16 de setembro, coincidindo co remate do calendario de exames.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, Alexandre Aguín, explica que con esta medida se pretende atender as necesidades dos e das estudantes do Grove, para que poidan preparar os seus exames de setembro en horario de mañá e de tarde.

No que respecta á axencia de lectura de San Vicente, permanecerá aberta en horario de 9.00 a 14.00 ata o 19 de setembro, data en que se retomará o horario de inverno en ambas as dúas instalacións.