Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Vandalismo gratuíto que nos sae caro

Fecha: 2011-08-26

 

Unha vez máis, temos que denunciar os actos vandálicos que veñen tendo lugar no mobiliario urbano do Grove.

Esta vez en pleno centro urbano, no paseo marítimo da avenida de Beiramar. Romper bancos, deteriorar zonas de xogos infantís, deixar restos de lixo polo chan... son actos que, por desgraza, vemos todas as semanas.

Para exemplo, o da fotografía que achegamos con esta nota.

Semella que quen os cometen ignoran que reparar estes desaguisados, froito das súas condutas incívicas, obrigan a destinar ao ano miles de euros das arcas municipais para os necesarios labores de limpeza, mantemento, acondicionamento ou reposición dos elementos deteriorados, cartos que saen do peto de todas e todos nós.

Aproveitamos para facerlle un reclamo á veciñanza e ás persoas que nos visitan para que denuncien estes feitos, de forma que se poida poñer remedio a estes actos de vandalismo.