Anuncio de cobramento do IBI e IAE
Fecha: 2011-08-29
No BOP de hoxe sae publicado que partir do 1 de setembro estarán expostos ao público os padróns do imposto sobre bens inmobles urbanos e do imposto sobre actividades económicas do ano 2011, e anúnciase tamén que se procederá ao seu cobramento, en período voluntario, de acordo co seguinte calendario:
Inicio do cobramento: ................15 de setembro de 2011
Fin do cobramento: ...................14 de novembro de 2011
Lugar: oficinas municipais de recadación
Horario: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h
Ademais, advírtese que fóra destes prazos se esixirá o cobramento pola vía executiva, co recargo do 20% e os custos do procedemento.