Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove clausura mañá a Escola de Verán cunha festa no Aquarium

Fecha: 2011-08-30

O Concello do Grove clausura mañá, 31 de agosto, a Escola de Verán cunha festa no Aquarium do Grove á que asistirán as nenas e os nenos que durante o verán participaron neste programa municipal que facilitou a conciliación laboral e familiar ao mesmo tempo que lles ofreceu aos nenos do municipio actividades de lecer para gozar das súas vacacións.

A festa comezará na instalación de Moreiras ás 10.30 horas, e contará coa participación da responsable de Educación do Concello do Grove, Laura Besada, e da tenente de alcalde e responsable de Mar, Participación Cidadá, Igualdade e Benestar, Aida Filgueira.

Os case douscentos alumnos da Escola de Verán percorrerán as instalacións do acuario para descubrir as especies que se atopan nos seus estanques, pero tamén terán a oportunidade de ver oe Aviarium, o espectáculo de aves do Aquarium que conta con lagarteiros, falcóns, bufos, curuxas e aguias.