Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Goberno do Grove aumenta en 4.500 euros a partida das axudas municipais para libros e material escolar

Fecha: 2011-09-05

A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove, na súa sesión do venres, concedeu máis de 200 axudas para libros de texto e/ou material escolar entre outras tantas familias do municipio que presentaron a súa solicitude e cumpriron cos requisitos esixidos. O importe total das bolsas ascende a 9.588 euros, 4.588 euros máis que o pasado ano.

Para este curso 2011-2012, dobrouse o número de solicitudes presentadas con respecto ao ano anterior. O obxectivo deste programa e atender a demanda das familias con ingresos máis baixos, polo que o goberno do Grove priorizou as necesidades da cidadanía, con base no compromiso coa educación, consciente da situación de crise xeral que está a vivir, e tomou a decisión de aumentar a partida inicial de 5.000 ata os 9.588 euros.

A listaxe que contén a relación de axudas concedidas para os libros de texto e/ou material escolar poderá consultarse a partir de hoxe luns no despacho do educador familiar, situado no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul), sen prexuízo da notificación que se lles realizará ás familias beneficiarias.

As axudas concedidas entregaranse dunha soa vez e para todo o curso escolar, logo de ser presentada a factura do material adquirido no servizo de Intervención da Casa do Concello.

As axudas están dirixidas ao alumnado de todos os ciclos educativos obrigatorios e foron asignadas en función da renda das familias. Un dos requisitos indispensable para poder optar a elas é que o alumno ou alumna resida e estea escolarizado no Grove nun centro sostido con fondos públicos.

Para ampliar información: 

Aida Filgueira Pérez

ayda.filgueira@concellodogrove.com

Tlf: 645 127 396 

 

Laura Besada Riveiro

laura.besada@concellodogrove.com

Tlf: 676 013 142