Probas competencias clave
Fecha: 2011-09-21
Cos novos certificados profesionais, para poder acceder a cursos de formación ocupacional por parte das persoas desempregadas é preciso estar en posesión do Graduado de Secundaria (ESO), non é suficiente o Graduado Escolar, xa que non son equivalentes.
Por exemplo para acceder ao curso de Auxiliar de Axuda a Domicilio, é necesario o Graduado de Secundaria ou ter superadas as competencias clave de Matemáticas, Galego e L. Castellana, para o Nivel 2.
Polo tanto, a Administración convoca, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da Formación Profesional para o Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo para presentar a solicitude de participación nas ditas probas remata o 28 de setembro.
As persoas interesadas poden pasar pola Casa Azul para recibir toda a información ou pinchar aquí.