Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello sacará a licitación seis postos na praza de abastos municipal

Fecha: 2011-09-28

 

A Concellería de Comercio e Mercados presentará no pleno deste xoves o prego de condicións para sacar a licitación seis postos na praza de abastos municipal. O obxectivo desta medida é dinamizar e impulsar a actividade comercial nesta instalación debido ao interese amosado por varios particulares na obtención dun posto no mercado e pola Asociación da Praza de Abastos do Grove.

 

No novo prego de cláusulas, a cantidade mínima da poxa diminuirá en

relación co último documento publicado, para ofrecer maiores facilidades en tempos de dificultade económica coma o actual e tamén para garantir a ocupación do maior número de postos. Así, o prezo mínimo rebáixase de

1.804 a 1.500 euros.

 

Os locais para outorgar en concesión, que deberán destinarse á venda de

alimentos, teñen unha superficie non inferior a doce metros cadrados. Todos están dotados de tomas de auga e de electricidade e tamén contan con desaugadoiro.

 

O prazo de concesión será de dez anos, con prórrogas sucesivas doutros tantos ata un máximo de cincuenta, se o solicita a parte interesada.

 

Unha vez publicado o prego de cláusulas do Boletín Oficial da Provincia, as

persoas interesadas terán un prazo de quince días naturais para presentaren a documentación esixida.