Ludoteca e cafetería na Festa do Marisco
Fecha: 2011-10-04
Ademais das carpas de degustación, o recinto portuario tamén conta estes días con outra serie de instalacións que permiten ofrecerlles un mellor servizo ás miles de persoas que acoden á Festa do Marisco.
Co obxectivo de que os nenos e nenas poidan gozar tamén destas xornadas de exaltación gastronómica, o recinto da festa conta un ano máis cun servizo de ludoteca, totalmente gratuíto, que entrou en funcionamento o pasado sábado 1 de outubro e que estará tamén dispoñible os días 8, 9 e 12, en horario de 11.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.30 horas.
Este servizo de ludoteca, do que se encargan cinco monitores, está dirixido a nenos e nenas xa escolarizados de entre 3 e 12 anos, que poderán gozar dos diferentes xogos e actividades que alberga esta carpa con capacidade máxima para 60 persoas, durante un período de dúas horas. Para iso só será preciso que acudan acompañados dos seus pais ou nais, que deberán deixar os seus datos persoais e un teléfono de contacto.
Por outra parte, no recinto portuario tamén se instalou tamén unha carpa chamada 'Punto de Encotro', que exerce de cafetaría e bar cun horario de 10.00 a 00.30 horas durante os trece días desta XLVIII Festa do Marisco.