Continúa desenvolvéndose o Simposio de Escultura
Fecha: 2011-10-05
Ao longo destas xornadas gastronómicas, pode observarse en Confín os participantes do Simposio de Escultura, que durante estes días elaboran, sobre unha peza de granito, as obras polas que foron seleccionados para participaren na I Bienal do Simposio Internacional de Escultura ao aire libre do Grove, na que se repartirán 4.200 euros en premios -2.200 corresponden ao primeiro premio, 1.100 ao segundo e 900 ao tercero.
Concretamente, son tres os escultores que participan da presente edición deste certame, o vigués Anxo Moral Souto, que elabora a obra Tiburón; Nando Álvarez, natural de Tomiño, e seleccionado para desenvolver unha escultura que recibirá o título de Celosía; e a búlgara Liliya Pobornikova, quen concorre a este certame con Sea Creatures.
Os premios desta I Bienal do Simposio Internacional de Escultura serán entregados o próximo mércores 12 de outubro, xornada de clausura desta XLVIII Festa do Marisco, na carpa institucional.