Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo de inscrición nas actividades extraescolares para o curso 2011-2012

Fecha: 2011-10-05

 

Clases de natación

Os martes e os venres na piscina municipal de Cambados. Sairá da nosa vila un autobús que fará paradas no Corgo, As Cortiñas e Ardia os martes; e no Corgo, Terra de Porto e As Cortiñas, os venres.

 

Actividades na biblioteca

Nova proposta destinada ao alumnado de 5 a 10 anos que pretende espertar a imaxinación e a creatividade da xente máis nova mediante os recursos que ofrece a lectura. Desenvolveranse os xoves na biblioteca, e os nenos e nenas participantes serán divididos, en función da súa idade, en dous grupos que durante hora e media se introducirán no mundo dos libros a través de xogos, traballos manuais e actividades de lecer.

 

Para nais e pais con fillos en idade escolar

A Escola Municipal de Nais e Pais: proposta dirixida a persoas que desexen participar nun proxecto común de formación, desenvolverase o primeiro mércores de cada mes,

Taller Emocións en familia: pretende crear espazos de interacción e reflexión onde os pais e as nais adquiran coñecementos e ferramentas necesarias para mellorar a comprensión dos seus fillos e fillas.

 

Inscrición

Na Casa do Concello: de luns a venres, en horario de mañá, e os luns e martes tamén de 18.00 a 20.00 horas

Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul), de luns a venres, en horario de mañá e os mércores tamén de 16.00 a 20.00 horas

 

O prazo de inscrición nas ludotecas itinerantes abrirase en decembro e as súas actividades, en xaneiro.

 

Máis información

Guía de Actividades Municipais 2011-2012