Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

En novembro volve haber ITV no Grove

Fecha: 2011-10-10

A mediados do vindeiro mes de novembro, concretamente do día 14 ao 17 (ambos incluídos), unha unidade móbil de Supervisión y Control, entidade concesionaria da Xunta de Galicia que ten como actividade a inspección técnica de vehículos (ITV) no eido xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia, desprazarase ata o noso municipio para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos lixeiros (masa igual ou menor de 3500 kg) e vehículos agrícolas (vehículos sen carga). Con todo, a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

O lugar da cita será, como de costume, a explanada do peirao. O horario, de nove da mañá a unha e media e de catro e media a seis da tarde, agás o día 17, que só haberá inspeccións pola mañá.

 

Pódese pedir cita previa no teléfono 881 920 981.