Novos cursos para persoas emprendedoras
Fecha: 2011-10-11
O Concello do Grove, en colaboración con BIC Galicia, vai desenvolver dúas accións dirixidas a formar aquelas persoas que teñan algunha iniciativa empresarial e tamén a quen aínda non a teñen, pero queren coñecer o procedemento para iniciar unha actividade económica.
A primeira das accións formativas vai ser un Seminario de motivación emprendedora, dirixido a toda la poboación, principalmente a aquelas persoas con interese en coñecer ideas que tiveron éxito cono iniciativa empresarial (porque algunhas funcionan e outras non), coñecer os recursos existentes por parte da Administración para as persoas emprendedoras, etc. Para participar neste seminario, que se vai realizar o vindeiro 27 de outubro, de 18.00 a 21.00 h, non é preciso ter unha idea empresarial, o que queremos é que a poboación coñeza como xorden estas ideas e que non sempre o diñeiro é o elemento máis importante para que funcionen e se leven a cabo.
A segunda acción formativa será un Seminario de xeración e maduración de ideas, xa para persoas que teñen unha idea empresarial e queren saber se esta se podería converter nun negocio. Neste caso, a duración será de 15 horas nas seguintes datas: 16, 23 e 30 de novembro, de 16.00 a 21.00 h cada día.
As dúas accións son gratuítas e ao seu remate entregarase un diploma de asistencia. As prazas son limitadas.
Para formalizaren a súa inscrición deben dirixirse ao Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul), ou ben enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico: adlogrove@concellodogrove.com.