Programa de piscina
Fecha: 2011-10-20
Hoxe comeza o prazo de inscrición para o Programa de Piscina para adultos que pon en marcha a Delegación de Igualdade e Benestar Social do Concello do Grove, coa colaboración do Hotel Louxo da Toxa, dirixido a persoas maiores de 50 anos e/ou pensionistas.
Este Programa, que terá un costo de 20€ ao mes, englobase dentro das Actividades de Mantemento físico e saúde para adultos e persoas maiores que se están levando dende o Concello, como son a Ximnasia e o Ioga.
O Programa de Piscina iniciarase o mércores 2 de novembro e poderase elixir entre acudir os luns ou os mércores en horario de 9,15 a 10,15 entre os meses de novembro a xuño na Piscina do Hotel Louxo.
As persoas interesadas poderán inscribirse no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul), de luns a venres entre as 9 e as 14 horas da mañá.
O obxectivo deste Programa é a promoción e educación en saúde mediante grupos reducidos (non máis de 20 persoas por grupo) para os/as interesados beneficios da actividade física na auga como son a activación da circulación sanguínea, traballar toda a musculatura, mellorar as articulacións e a flexibilidade, corrixir posturas corporais ou facilitar o aumento da relaxación, entre outros.
Así mesmo, infórmase de que quedan prazas dispoñibles para a actividade de Ximnasia de mantemento para persoas maiores, que se leva a cabo durante todo o ano no Pavillón de Deportes Municipal, os martes e xoves de 9,15 a 10,15 da mañá e para a actividade de Ximnasia para Mulleres, no Pavillón do Colexio de Rosalía de Castro os luns e mércores en dous quendas (unha de 7,45 a 9 da tarde e outra de 9 a 10,30 da noite).