Curso de lingua e cultura galega para inmigrantes
Fecha: 2011-10-21
A Concellería de Documentación, a través do Servizo de Normalización Lingüística municipal, abre o prazo de inscrición para un curso gratuíto de lingua e cultura galega para inmigrantes.
Destinatarios/as: persoas inmigrantes adultas que estean interesadas en adquirir un nivel básico de formación no idioma galego, así como coñecementos elementais sobre a nosa cultura.
Datas do curso: 28/10/2011-27/01/2012
Duración: 60 h
Horario: os mércores e os venres, de 19.30 a 21.30 horas
Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (rúa Monte da Vila, 11)
Máis información e inscricións:
Tlf.: 986 732 341
E-mail: normalizacionlinguistica@concellodogrove.com
Esta actividade formativa do Concello do Grove está cofinanciada pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
Colabora: Ecos do Sur
Descargue aquí o cartel do curso