Seminario de Motivación Empresarial
Fecha: 2011-10-28
O día 27 o Concello do Grove en colaboración con Bic Galicia realizou o primeiro dos seminarios de motivación empresarial, no que participaron 28 persoas. O próximo mes de novembro continuarase o programa co Seminario de Xeración e Maduración Empresarial, que ten unha duración de 15 horas.
Días: 16, 23 e 30 de novembro de 2011.
Horario: de 16:00 a 21:00 h
Lugar: Casa Azul (rúa de Castelao, 113, baixo)
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Axencia de Desenvolvemento Local (Casa Azul), 986730609 ou no correo adlogrove@concellodogrove.com