Aínda está aberto o prazo para presentar a documentación para a obtención dos postos na praza de abastos
Fecha: 2011-11-03
A Concellería de Comercio e Mercados recorda que está aberto o prazo para a presentación de documentación e poxas para obter os postos na praza de abastos municipal, que remata o próximo día 5 de novembro.
Pódese consultar o prego de cláusulas na páxina do Concello, na propia Casa do Concello ou na Concellería de Comercio e Mercados. A cantidade mínima da poxa, que diminúe en relación co último prego, é de 1.500 euros por cada local de 12 metros cadrados.
Os locais para outorgar en concesión, que deberán destinarse á venda de alimentos, teñen unha superficie non inferior a doce metros cadrados. Todos os locais están dotados de tomas de auga e de electricidade e de desaugadoiro. O prazo de concesión será de dez anos, con prórrogas sucesivas doutros tantos, ata un máximo de cincuenta anos, por solicitude da parte interesada.
Desde a concellería anímase a todas as persoas interesadas a que presenten a documentación para a obtención dun posto no mercado, pois consideran que é unha boa oportunidade de negocio, ao estaren a traballar para darlle un impulso de actividade nese edificio.