Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Anuncio dunha licenza de venda ambulante no mercado municipal

Fecha: 2011-11-08

O Concello do Grove anuncia no BOP de hoxe a apertura dun procedemento para adxudicar unha licenza de venda ambulante no mercado semanal, coas seguintes características:

— Obxecto da licenza: venda de froitas e hortalizas de produción ecolóxica

— Dimensións do posto: 2 metros lineais de lonxitude

— Prazo de vixencia da licenza: 5 anos

— Criterios para adxudicar a licenza: a produción polo propio solicitante, a maior variedade de froitas e hortalizas ecolóxicas para ofertar. En caso de empate, resolverase por sorteo público.

— Solicitudes: presentaranse no Rexistro xeral do Concello do Grove, de 09.00 a 14.00 horas, nos oito días hábiles seguintes ao de publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra (do 9 ao 18 de novembro).

— O modelo de solicitude e máis información pódese consultar nesta ligazón.