Patasdepeixe Editora dóalle á Rede de Bibliotecas do Concello do Grove un lote de libros
Fecha: 2011-11-15
A editora Patasdepeixe acaba de doarlle á Rede de Bibliotecas do Concello do Grove un lote de libros que inclúe case todos os títulos publicados por esta firma. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Patrimonio e Documentación, Alexandre Aguín, mostra a súa satisfacción e gratitude ante a colaboración da editorial, “unha colaboración que vai permitir enriquecer o fondo da biblioteca infantil con títulos atractivos e interesantes en galego”.
O lote doado pola editorial inclúe os seguintes títulos:
- A vaca que puxo un ovo / Andy Cutbill ; ilustrado por Russell Ayto. Publicación: [Pontevedra] : Patasdepeixe, DL 2009
- Coidado, extraterrestres / Jacques, Benoît. Publicación: [Pontevedra] : Patasdepeixe, DL 2009
- Perdido? / Jeffers, Oliver. Publicación: Pontevedra : Patasdepeixe, 2009
- O gran libro dos medos do rato pequeno / Gravett, Emily. Publicación: Pontevedra : Patasdepeixe, 2010
- Blue Chamaleon = O camaleon azul / Gravett, Emily. Publicación: Pontevedra : Patasdepeixe, 2010
- Na busca dun fogar / Schwarz, Viviane ; Deacon, Alexis. Publicación: Pontevedra : Patasdepeixe, 2011
- A toupiña e a primavera / Miler, Zdenek ; Miler, Katerina , Tradución ao galego de Jana Vavrinova. Revisado por Laura Sáez e Monica Pazos. Publicación: Pontevedra : Patasdepeixe, 2011
- A toupiña e o verán / Miler, Zdenek; Miler, Katerina , Tradución ao galego de Jana Vavrinova. Revisado por Laura Sáez e Mónica Pazos. Publicación: Pontevedra : Patasdepeixe, 2011
- A toupiña e o outono / Miler, Zdenek; Miler, Katerina , Tradución ao galego de Jana Vavrinova. Revisado por Laura Sáez e Mónica Pazos. Publicación: Pontevedra : Patasdepeixe, 2011
- A toupiña e o inverno / Miler, Zdenek; Miler, Katerina , Tradución ao galego de Jana Vavrinova. Revisado por Laura Sáez e Mónica Pazos. Publicación: Pontevedra : Patasdepeixe, 2011
A Rede de Bibliotecas do Grove tan só contaba con tres dos once libros editados por Patasdepeixe, polo que as doazóns pasarán a engrosar e enriquecer o fondo das dúas bibliotecas da Rede: a biblioteca municipal do Grove e a axencia de lectura de San Vicente.