Curso de prevención de riscos laborais
Fecha: 2011-11-17
O Concello do Grove en colaboración coa Fundación Laboral da Construción organizan un curso básico de prevención de riscos laborais a través da Aula Permanente.
O curso está dirixido a profesionais da construción e traballadores desempregados en xeral, que queiran obter a formación básica (8 h) para poder acceder á obra no ano 2012 e para poder obter a Tarxeta Profesional da Construción.
Lugar: Centro de Formación Monte das Flores
Día: 25.11.2011
Horario: de 09.30-14.30 e de 16.30-19.30 h
O curso é gratuíto.
As persoas interesadas poden inscribirse na Casa Azul, na rúa Castelao, 173, no teléfono 986 730 609 ou no correo adlogrove@concellodogrove.com