Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

A biblioteca implícase na prevención da violencia de xénero

A Rede de Bibliotecas do Grove quere sumarse aos actos que están a ter lugar na nosa vila con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro, elaborando unha guía de lectura e instalando unha mesa expositora de libros de temática sobre igualdade que poderán ser consultados in situ ou solicitados a través do servizo de préstamo. A guía inclúe un directorio con recursos e servizos que existen para denunciar os casos de violencia de xénero.

Pode descargar a guía de lectura desde a seguinte ligazón:

Guía de lectura contra a violencia de xénero


Todas as novas