Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Obradoiro sobre compras seguras por Internet

Fecha: 2011-11-28

 

O Concello do Grove, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, organiza un obradoiro sobre compras seguras por Internet.

 

Esta actividade ten por obxectivo mellorar os coñecementos do público asistente á hora de realizar unha compra segura por Internet. O obradoiro será totalmente práctico e empregarase un simulador de compras para adquirir artigos e viaxes. Cómpre dicir que é gratuito e está aberto a toda a poboación.

 

Dia: venres,2 de decembro 

Hora: 17:30 (duración aproximada: 2 horas) 

Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey 

Inscrición: deberase remitir un correo a omic@concellodogrove.com

 

Prazas limitadas