Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Cita previa obrigatoria na oficina de prestacións no Sepe

Fecha: 2011-11-29

A partir do 1 de decembro, as persoas que necesiten solicitar unha prestación por desemprego ou unha certificación desde a oficina de prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (antigo Inem) necesitan solicitar cita; non así no caso de solicitar a inscrición como demandante de emprego.

 

Poderá solicitar a cita previa:

 

Para pedir a cita solicitaránselle os seguintes datos:

1 Código postal

2 Trámite que vai realizar, que será:

       - Información sobre calquera tipo de prestación por desemprego, presentar solicitudes ou reclamacións ou informarse sobre cobramentos indebidos.

       - Outras xestións: petición de certificados, presentar partes de baixa médica, saída ao estranxeiro.

3 Número de carné de identidade (NIE se é estranxeiro/a)

 

Lembre que:

  • Para presentar calquera solicitude de prestacións debe ter actualizada a tarxeta de demanda.
  • A asignación de citas é consecutiva, isto quere dicir que lle será asignado automaticamente un día e unha hora. Para efectos de prazos, respectaráselle a data da petición da cita.
  • A cita previa non estará operativa para realizar trámites como inscribirse como demandante de emprego, renovar a tarxeta, información sobre cursos/ofertas e en xeral todo o relacionado cos servizos de emprego.