O Concello conmemora o Día Mundial da Sida
Fecha: 2011-12-01
O Concello do Grove sumarase hoxe, 1 de decembro, á conmemoración do Día Mundial da Sida, promovendo o reparto de materiall para concienciar dunha enfermidade que afecta 34 millóns de persoas en todo o mundo.
Durante a xornada, o persoal do SPAD repartirá documentación, preservativos e lazos conmemorativos, tamén instalará unha mesa informativa na casa da cultura e outra na entrada da Casa do Concello, que tamén lucirá un gran lazo vermello na súa fachada.