Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Maxia para o alumnado meco de infantil e primaria

Fecha: 2011-12-12

 

O Concello de Grove achégalles a maxia aos alumnos de infantil e primaria da localidade. O mércores 14 de decembro, o Mago Cali percorrerá as aulas dos CEIP Conmeniño, As Bizocas, Rosalía de Castro e da Escola Infantil Monte da Vila co obxectivo de que os nenos e as nenas gocen dun espectáculo artístico en grupo e deste xeito fomentar o desenvolvemento da súa imaxinación e creatividade. Trátase da actividade Maxia Potaxia, na que participarán preto de 350 alumnos e alumnas.

Maxia Potaxia ten una duración de aproximadamente vinte minutos, nos que o Mago Cali tentará espertar a emoción e o interese da xente nova. A actividade comezará ás 9.30 horas no CEIP As Bizocas, e durante toda a mañá percorrerá os diferentes colexios. A actividade está subvencionada polo Concello do Grove, polo que é totalmente gratuíta para o público asistente.

Este espectáculo forma parte da Guía de actividades municipais para centros escolares, elaborada polo Concello para coordinar as propostas que se ofrecen desde todas as concellerías para os colexios, co obxectivo de potenciar e facilitar a participación de toda a comunidade educativa da localidade. A guía presentóuselles aos colexios a principios de curso, e cada centro solicita a actividade que mellor se adapte aos seus intereses. Ademais da actuación Maxia Potaxia, outras das actividades que solicitaron de momento os centros foron os talleres de consumo, que xa se realizaron hai quince días; memoria do pobo; educación viaria; resolución de conflitos; Que monos son!; semana da prensa…

 

Ademais das actividades que se organizan en colaboración cos centros escolares, a guía municipal tamén recolle as actividades extraescolares que organiza o Concello do Grove para o alumnado; así como concursos para alumnos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato; ou xornadas para a mocidade.