Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello saca a licitación dous postos na praza de abastos municipal

Fecha: 2011-12-19

A Concellería de Comercio e Mercados volve sacar a licitación os dous postos na praza de abastos municipal, que quedaron vacantes na anterior licitación. O motivo polo cal se toma esta decisión é o interese de varias persoas en adquirilos, xa que non puideron presentarse na anterior licitación.

 

O prego de cláusulas non varía do anterior, e fixa a poxa mínima nos 1500 €. O prazo para presentar a documentación remata o vindeiro 24 de decembro.