Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Entregados os tepóns para Aitana

Fecha: 2011-12-20

O Concello do Grove entregou na tarde de onte os tapóns de plástico recollidos durante a campaña solidaria Un sorriso para Aitana. O Concello sumouse, deste xeito, á iniciativa solidaria posta en marcha pola Fundación Amigos de Galicia para obter diñeiro co que custear a operación á que debe sometese Aitana, unha nena de 9 anos de Tarazona que naceu cunha cardiopatía conxénita e que precisa ser operada en Boston (EE UU). Colexios, anpas, negocios e particulares da nosa vila participaron activamente nesta campaña.