Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aos Reis Magos, en galego

Fecha: 2011-12-20

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL), dependente da Concellería de Patrimonio e Documentación do Concello do Grove, dirixida por Alexandre Aguín, acaba de poñer en marcha a campaña de dinamización lingüística ¡Tamén falamos galego!, que procura promover entre as rapazas e rapaces mecos a escrita das cartas aos Reis Magos en lingua galega. O SNL do Concello preparou un modelo de carta aos Reis Magos con frases introdutorias en galego para que a rapazada poida pedir os seus agasallos na nosa lingua.

 

O cartel da campaña e a carta foron deseñados polo debuxante local Mario Rodríguez Costas, colaborador da revista Sustansia, e distribuíuse entre os centros educativos de educación infantil e primaria do municipio. As cartas, unha vez escritas, poden depositarse antes do día de Reis nas caixas do correo postas para o efecto nas casas da cultura do Grove e de San Vicente, ou na do Carteiro Real.

Esta campaña, feita en colaboración coa Rede de Bibliotecas do Grove, complementa a de Os Reis Magos tamén teñen e-mail, posta en marcha hai uns días coa difusión do “e-mail real” reismagos@concellodogrove.com, que tamén pode empregar a xente miúda do Grove para facerlles chegar as súas peticións ás súas maxestades de Oriente.

Cartel da campaña

Modelo de carta aos Reis Magos