Xa se coñecen os establecementos gañadores do I Concurso de Escaparates de Nadal
Fecha: 2011-12-21
A Concellería de Comercio anuncia os establecementos gañadores dos tres premios do I Concurso de Escaparates de Nadal, que serán entregados o próximo venres 23 de decembro no salón de plenos da Casa do Concello ás 13.00 h.
O total de participantes deste concurso foi de 18. Desde a concellería esperan que en edicións futuras o número de participantes aumente, xa que consideran que este tipo de iniciativas fomentan o atractivo para realizar as compras do Nadal entre as nosa veciñanza.
Os establecementos gañadores son os seguintes:
1.º Premio: Calzados Zapy, na rúa O Mariño, 27
2.º Premio: Centro Revelado C-41, na rúa Castelao, 34
3.º Premio: Paveritas, na rúa Luis Casais, 13