Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Copa do Mundo de Fútbol e a Copa de Europa no Grove

Fecha: 2011-12-26

O pasado venres, a Eurocopa e a Copa do Mundo que gañou na súa última edición a selección dirixida por Vicente del Bosque chegaron á nosa vila cos actos de presentación do IV Torneo de Fútbol Sala ActivaOgrobe.

 

Como outros moitos veciños e veciñas, as tres concelleiras do grupo de goberno, Laura Besada, Marta Domínguez e Aida Filgueira, tamén se achegaron o pasado venres ata o pavillón municipal do Monte da Vila para velas veren in situ e inmortalizar o momento cunha foto. Pouco despois fixo o propio o concelleiro de Deportes, Alfredo Bea.