A poeta Elvira Riveiro achegoulles a lingua aos máis novos na casa da cultura
Fecha: 2011-12-29
Enfocado desde unha perspectiva lúdica e participativa, o obradoiro literario que impartiu onte pola tarde a poeta Elvira Riveiro na casa da cultura conseguiu engaiolar a xente nova do Grove e, quen sabe, talvez espertar a vea creativa dalgunha promesa meca das letras galegas e universais.
Hoxe o SNL municipal tamén nos convoca a unha nova cita na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, ás 17.30 h, onde os máis miúdos e as súas familias poderán asistir á representación dos Contos do Cestiño, da contacontos Raquel Queizás.