Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove e a Deputación de Pontevedra levaron a cabo nas ultimas semanas o arranxo e creación de pistas, camiños e zonas de aparcadoiro

Fecha: 2012-01-05

Un total de máis de 15.000 metros cadrados foron os beneficiados pola actuación.

 

A colaboración entre estas dúas administracións fixo posible o arranxo, nalgúns casos, e a construción noutros de diversos camiños, pistas e incluso a creación dunha ampla zona de aparcadoiro nas inmediacións da igrexa de San Vicente, que lle vai dar un importante servizo aos veciños do lugar que habitualmente, cando asistían a distintos actos relixiosos, tiñan que deixar os seus vehículos nas beiras da estrada, ofrecendo en moitos casos situacións de verdadeiro perigo.

 

Temos que salientar a colaboración que unha vez máis a Comunidade de Montes de San Vicente prestou neste caso ao pór á disposición de todos os terreos necesarios para levar a cabo esta zona de aparcadoiro, que incluso nas datas do verán poderá prestarlle servizo ás praias, dada a súa proximidade aos areais.

 

As zonas beneficiadas polas melloras foron as seguintes:

 

En San Vicente do Grove,

  • Zona de aparcadoiro no contorno da igrexa

  • Baixada ás praias do Carreiro e Barreiriño

  • Outeiro

  • Rio dos Paus

  • Temperáns

 

En San Martiño do Grove,

  • O Altiño

  • Paredes

  • A Millán

  • Virxe das Mareas

  • O Porto de Meloxo

  • A Carballeira

  • As Senriñas

  • As Bouzas